sábado, 15 de octubre de 2011

LIGA GALEGA DE HORSEBALL


                               







                                      
                             

                         LIGA GALEGA DE HORSEBALL

Logo deste descanso Ligueiro ,e logo da reunión mantida o pasado dia 5 de Outubro en Portas , dos responsables de clubs e equipos , queda convocado o prazo de inscrición de equipos e organizar así os preparativos e organización da tempada 2.012 , polo que debedes presentar antes do día 15 de Novembro os equipos que presentaredes para a Liga Galega en todas as categorias , Seniors , Cadetes e Infantís . Achégovos a folla do compromiso e debédela enviar , ben á FHG ou ao email de horseballgalicia@hotmail.com , xunto á copia do ingreso da inscrición.


Adxunto copia da folla de inscrición
A cota de inscrición é de 300 euros por equipo seniors e 100 euros por equipo cadete . 

Así mesmo , e logo de recibir as inscricións , convocarase unha reunión xeral para realizar o sorteo de enfrontamentos e aprobar o regulamento de participación .


Moncho Vazquez.
                       Vocal de Horseball de la FHG.                     ,