domingo, 27 de mayo de 2012

VI XORNADA E FINAL DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL







CAMPIONS DA LIGA 1ª DIVISION 2.012
LA MURALLA DE VIGO
CAMPIONS DA LIGA 2ª DIVISION 2.012
VIGO - MUNDIL
CAMPIONS LIGA DE CADETES 2.012
LA MURALLA DE VIGO


Por    Moncho Vazquez  


6ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012
Cunha gran afluencia de público ,celebrouse o Final da Liga , onde se proclamarán os distintos campións de cada categoría.

En primeira división , A Muralla de Vigo , proclamouse campión absoluto por 5º ano consecutivo logo dun gran partido ante os Xalleiros .A Muralla Atlético conseguiu finalmente o segundo posto tras a súa fenomenal vitoria ante os de Cabaleiros do Deza .Como máximo anotador da Liga,   David Alonso

Ambos os Equipos disputarán o Campionato de España de Clubs , o próximo dia 20 ao 23 de Xuño , en Badaxoz coa feira do Cabalo de D.Benito.

Na Segunda división, partido de trámite para os de Vigo-Mundil ante os do Salnés ,proclamándose os do Vigo-Mundil campións da Liga de segunda división e conseguindo así o ascenso a Primeira División .Máximo anotador da Liga , Javier Gonzalez.

En Cadetes ,impresionantes partidos que nos fixeron deleitar os mozos xogadores-demostrando así a gran proxección do horseball en Galicia.Proclamouse Campión da Liga A Muralla de Vigo. Maxima anotadora , Inés Martinez .

Intenso traballo , o desenvolvido polo Seleccionador Joao Mª Fernandes , que levou boa nota para compor os seleccionados nas distintas categorías que competirán na Copa de España de Autonomías
Vocalía de Horseball.
 





xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
O Domingo, 3 de Xuño de 2.012 ,celébrase a 6ª xornada a da Liga Galega de Horseball , conxuntamente coa celebración da XV Festa do Cabalo de Nogueiró-Cartelle .

Final da Liga , onde se proclamarán os distintos campións de cada categoría.
En primeira división , disputarase a clasificación para o segundo posto , que xunto ao campión de Liga xa proclamado A Muralla de Vigo , terá opción a disputar o Campionato de España de Clubs , no mes de xuño en Estremadura.
Na Segunda división, bonito encontro espérase entre os equipos de Vigo-Mundil e Cabaleiros do Salnés ,coa proclamación de Campión de Liga , Vigo-Mundil , que consegue así o seu ascenso á Primeira división .
Os Cadetes disputasen dous encontros competidos tamén ,entre os equipos da Muralla de Vigo , Cex Sta Comba e Cabaleiros do Salnés respectivamente,proclamándose Campión o equipo da Muralla de Vigo .

Finalmente teremos unha exibición de horseball sub-13 , con póneis B e C , con dous equipos da Muralla de Vigo , integrándose no xogo , xogadores do Club hípico O Mundil .

Teremos a Presenza este fin de semana do director técnico e seleccionador Joao Mª Fernandes , que fará traballos de preselección de xogadores de face á súa preparación para a Copa de España de Autonomias , que se celebrará a última semana do mes de Xullo en Madrid ( Villanueva de la Cañada ). 

Invitamos a todos os Clubs de Galicia a que participen e achéguense a presenciar esta última xornada de Horseball e gozar da gran festa do Cabalo de Nogueiró-Cartelle , onde se disputarán logo dos partidos , carreiras de Cabalos P.S.I. e un carrusel de doma , a cargo dos alumnos e socios do Centro Ecuestre O Mundil , dirixidos pola monitora Anairis Vazquez.

Vocalía de Horseball.