martes, 8 de enero de 2013

1º TORNEIO GALEGO DE HORSEBALL 2.013

POR MOTIVOS DE INFRAESTRUTURA E 

LOXISTICA,  O NON PODER GARANTIR A 

SEGURIDADE DE CABALOS E XINETES, O COMITE

 ORGANIZADOR DO EVENTO DECIDIU 

SUSPENDELO.........

GRACIAS .

O COMITÉ ORGANIZADOR

                   


Celebrarase nas instalacións do centro ecuestre " O Mundil ", o primeiro Torneo de horseball 2.013 en categorías Séniors e sub-16. primeiro torneo dunha serie acordada pola comisión do Clubs de horseball de Galicia, como competicións de preparación para a Liga Galega de horseball onde os diferentes equipos que participarán nela en ambas as dúas categorías van poñendo a posta a punto para competir nas mellores condicións, así como os novos xogadores que esta tempada se incorporan nos equipos.
A xornada desenvolverase durante o dia, comezando os partidos ás once da mañá e finalizando a xornada sobre as 17,30 da tarde.

Os Clubs participantes son:

O Mundil - Vigo
Cabaleiros do Deza
Cabaleiros do Salnés
Cex Santa Comba
A Muralla de Vigo.

Aviso importante:

Todos os xogadores/ás e cabalos deben de ter a licenza federativa en vigor

Presentar ante o comité de organización as correspondentes licenzas ou ben o resgardo do ingreso.

Un Saúdo.

Moncho Vazquez.